Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/05/2023 | Actualizada ás 13:01
O Día das Letras Galegas e o Día de Internet conseguen xuntar á Asociación de Medios en Galego, á proveedora de servizos de dinahosting e a PuntoGal para sacar adiante a iniciativa "Suscríbete ao galego" para formentar o uso da lingua na rede.
Esta campaña consiste en que as persoas que se fagan suscriptoras entre o 17 e 31 de maio dalgún dos medios en galego que participan nesta iniciativa, recibirán de balde un dominio .GAL e o aloxamento para a súa web durante 1 ano, un feito que está valorado en máis de 170€.
O dominio ofrecido suporá unha conta de correo profesional con nome propio ou a posibilidade de iniciar un proxecto web sen necesidade de inversión inicial. Con isto, as diferentes asociacións buscan facer medrar á comunidade de creación de contido en galego e así fomentar a lingua tamén nestes ámbitos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.