A medicina privada segue ampliando os seus recursos en Galicia

Unha clínica viguesa faise co único equipo de resonancia magnética aberta que hai en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 02/05/2023 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

O centro políclínico privado e de diagnóstico por imaxe CIVI, localizado en Vigo, converteuse no primeiro de Galicia que instalou un equipo de tipo Aperto Lucent, desenvolvido por Fujifilm Healthcare. "Trátase dunha máquina de resonancia magnética aberta moito máis compacta, cómoda para o paciente, rápida e cun mellor rendemento enerxético que está a axudar a esta clínica a ampliar o número de estudos realizados, especialmente das áreas da cabeza e musculoesquelética, pelvis xinecolóxica e urológica, entre outros", sinala a Fujifilm nun comunicado. 

Resonancia na clínica Civi con tecnoloxía Fujifilm
Resonancia na clínica Civi con tecnoloxía Fujifilm | Fonte: remitida

Segundo os responsables de CIVI, o novo equipo achega ademais melloras substanciais en canto a calidade de imaxe, de maior campo, con tempos de estudo máis reducidos que posibilita ampliar a oferta en canto a tipos de estudos a realizar. 

Actualmente, o sector sanitario privado dispón en Galicia de 18 hospitais (o 55% do total dos existentes) e 2.156 camas (22% do total). Ademais, realiza unha importante actividade asistencial: 26% das intervencións cirúrxicas, 19% das altas e o 20% das urxencias. Así mesmo, conta co 51% dos PET --probas de detección de cancro-- e o 44% das resonancias magnéticas. Por outra banda, actualmente son xa 433.319 as persoas as que contan cun seguro privado, rexistrándose un incremento anual do 2,1% no número de asegurados e do 4% no volume de primas no período 2017-2022.

 

Unha situación que afecta tamén á sanidade pública xa que a cifra de concertos en Galicia --acordos polos que o Goberno galego lle paga á privada por determinadas probas sanitarias-- é de 217 millóns de euros sobre o gasto público. A pesar de representar menos dun 5%, os concertos públicos van crecendo ano a ano especialmente, na atención especializada. De feito, o 63% deste total corresponde a concertos con institucións deste tipo. Son datos do  Informe 'Sanidade privada, achegando valor 2023' que se presentou este xoves en Madrid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta