Tanxugueiras non para tras o éxito frustrado do Benidorm Fest 2022

Encabeza o cartel do Festival Plenilunio Folk de Camargo, que se celebra o 17 de xuño

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 03/05/2023 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O grupo Tanxugueiras será a cabeza de cartel do XIV do Festival Plenilunio Folk que o Concello de Camargo celebrará o 17 de xuño no aparcadoiro de Cros, con acceso gratuíto.

O grupo está composto por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro e participou no Benidorm Fest, onde se elexiu canción que representaría a Eurovisión na súa edición de 2022. Nesa cita obtiveron o 71% do voto do público aínda que finalmente representou a España a cantante Chanel.

As integrantes de grupo dominan diversos instrumentos, como a gaita, o pandeiro ou o acordeón, e foron galardoadas con varios premios e nomeamentos como o Premio Martín Códax á mellor canción Galega e o Premio Carlos Branco ao mellor Grupo Galego. Contan con exitosos temas como 'Midas', 'Figa', 'Averno', 'Pano corado' ou 'Terra', a canción coa que lograron o respaldo maioritario do público no Benidorm Fest.

A súa música, que ten tamén un destacado contido social, levoumas por escenarios de todo o planeta en apenas uns anos, desde que en 2018 vise a luz o seu primeiro álbum publicado, demostrando que a súa música e a súa mensaxe traspasan as fronteiras.

Tanxugueiras presenta o seu novo directo no último día da festividade de Arde Lucus 2022
Tanxugueiras presenta o seu novo directo no último día da festividade de Arde Lucus 2022 | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta