A compañía R conta con poder chegar ao 98% dos fogares galegos con fibra ou 5G a finais deste ano

Desde a dirección sitúan á compañía como "líder do mercado en cobertura de Internet, con 1,6 millóns de fogares e negocios cubertos en Galicia con fibra óptica de última xeración".

Por E.P. | A CORUÑA | 04/05/2023 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O operador de telecomunicacións R espera chegar a finais deste ano ao 98% dos fogares galegos con fibra ou 5G, segundo expuxo o seu director e do grupo MasMóvil na comunidade autónoma, Alfredo Ramos, na presentación do balance correspondente a 2022. Do mesmo, dixo que a compañía aumentou a súa base de clientes, superando a cifra dos 600.000, ademais de mellorar a conectividade tras un investimento de cen millóns de euros en fibra óptica e 5G.

Alfredro Ramos vinculou a estes investimentos o crecemento nos clientes e incidiu en que R é "o operador con mellor dispoñibilidade do servizo en Galicia", á vez que apuntou aos bos resultados no primeiro trimestre. En concreto, sinalou que case o 85% da poboación galega dispón xa da cobertura 5G de R e incidiu en que coa súa proposta de Internet rural estase facilitadno a chegada da alta velocidade a lugares onde non chegaba a banda longa fixa.

Ademais, situou á compañía como "líder do mercado en cobertura de Internet, con 1,6 millóns de fogares e negocios cubertos en Galicia con fibra óptica de última xeración". Por outra banda, incidiu nos plans da compañía para seguir investindo na mellora das súas redes, cun investimento previsto para o período entre 2022 e 2024 de 175 millóns. Mentres, destacou a redución das incidencias, que situou nun 65% no caso do móbil e nun 27% no caso das reclamacións.

O director de R, Alfredo Ramos. R
O director de R, Alfredo Ramos. R | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta