O PSOE deixa "aberta" a porta a un sorpaso ao BNG no concello de Pontevedra

Iván Puentes asegura que os socialistas "nunca van facer alcalde de Pontevedra" ao aspirante do PP, Rafa Domínguez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2023 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

O candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Pontevedra, Iván Puentes, está convencido de que "está aberta a posibilidade dun sorpaso" ao BNG, con quen goberna en coalición a capital provincial. "As fórmulas de goberno, aínda sendo pezas parecidas, non sempre dan os mesmos resultados", manifestou Puentes este xoves en declaracións aos medios, nas que afirmou que se os socialistas xestionasen a área de urbanismo "probablemente" a avenida Reina Vitoria non pechase "nunca".

O alcaldable do PSOE sinala que todas as enquisas están a debuxar unha "tendencia á baixa" do BNG, un "estancamento" do Partido Popular e un "repunte" do Partido Socialista con respecto a fai catro anos. "Estamos a partir da situación máis optimista e con máis estimación de concelleiras da que partiu nunca o Partido Socialista na última década", remarcou Puentes, que aclarou que o PSOE "nunca vai facer alcalde de Pontevedra" ao aspirante do PP, Rafa Domínguez.

Tamén reivindicou que o seu partido foi "arte e parte" do modelo de cidade implantado durante os últimos anos na Boa Vila pero que agora hai un "cansazo" no Bloque e "a pesar de todo o bo que se fixo é necesario refrescar e iniciar un novo tempo" que, ao seu xuízo, pasa polo Partido Socialista.

O candidato do PSOE fixo estas declaracións este xoves no transcurso dun almorzo con xornalistas celebrado no Café Moderno, no que estivo acompañado polo deputado Guillermo Meijón e no que presentou a web de campaña ivanpontevedra.gal, que aglutina todas as propostas recollidas no programa electoral co que a lista que lidera concorre ao proceso electoral de 28 de maio, así como contidos de actualidade e datos da candidatura.

O edil Iván Puentes
O edil Iván Puentes | Fonte: Concello de Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta