(Vídeo) Contra os prexuízos e o "que dirán"... Así é o novo sinxelo das Tanxugueiras

"Aire é unha canción que fala de liberdade, de ser e de reinventarse", din as "Tanxu".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/05/2023 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

Tras o éxito do seu disco "Diluvio", que acumula xa máis de 60 millóns de visualizacións en todas as plataformas dixitais, as colaboracións con Iván Ferreiro, Macaco e Rozalén, e a súa recente candidatura a sete categorías nos Premios MIN, Tanxugueiras estrean un novo sinxelo.

As Tanxugueiras en 'Aire'
As Tanxugueiras en 'Aire' | Fonte: remitido

"Aire" é o novo lanzamento do trío galego, contando nesta ocasión coa produción de Lowlight, (C. Tangana, Israel B, Yung Beef, Albany e un moi longo etc. de músicos da escena urbana), e demostrando unha vez máis a súa continua exploración de novos retos e posibilidades sonoras nas súas cancións.

Segundo indican as "Tanxu", "Aire é unha canción que fala de liberdade, de ser e de reinventarse". "Unha viaxe a toda velocidade sen pensar moi ben nas consecuencias e actuando inconscientemente, pero facéndoo dende a verdade e o sentimento máis salvaxe e instintivo, buscando unha evolución persoal", apuntan. "Como sempre, nel reside unha mensaxe empoderadora onde se animan a todas as persoas a levar o seu ser á máxima potencia, e a brillar sen medo aos prexuízos nin ao que dirán”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta