Empresarios do lecer nocturno en Pontevedra denuncian "acoso e durrube" por parte do concello

Lores presenta 'MP30', un plan de transformación integral para o barrio de Monte Porreiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2023 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

Unha decena empresarios hostaleiros do lecer nocturno de Pontevedra constituíron a plataforma Pontevedra de Noite, coa que quierne alertar da "destrución" do sector co peche de locais na zona monumental por culpa do Plan Especial de Protección e Reforma Interior e Conservación Artística, coñecido como Peprica.

Os portavoces deste colectivo, César Sánchez, Julio Parada e Antonio Fernández, ofreceron unha rolda de prensa este venres na que afirmaron que as licenzas dos seus establecementos "están baixo unha normativa obsoleta", xa que o Peprica "está baseado nun contexto de hai 20 anos" que lles esixe unhas condicións que resultan "inviables".

Por iso, reclamaron ao concello "flexibilidade" na aplicación desta normativa urbanística, xa que aseguran que hai "unha persecución sobre as licenzas do lecer nocturno". En total, a día de hoxe no casco antigo da cidade do Lérez hai menos de 20 locais de lecer nocturno, a metade dos que había antes da entrada en vigor da normativa.

Por iso, piden "protección" das licenzas que hai actualmente ante o "aumento de control e de esixencias" e o "trato preferente a outros locais que non son do lecer nocturno". "É un acoso e derrubo, sentimos perseguidos e parece que o que queren é quitar a noite", declararon este venres nunha comparecencia na que presentaron esta plataforma reivindicativa.

Vista da Rúa Charino baleira, emblemática rúa de pubs de Pontevedra, zona do ocio nocturno
Vista da Rúa Charino baleira, emblemática rúa de pubs de Pontevedra, zona do ocio nocturno | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press

LORES

Pola súa parte, o candidato á Alcaldía do BNG e actual alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presentou este venres A proposta 'MP30', un plan de transformación integral para o barrio de Monte Porreiro que inclúe diferentes actuacións en distintos espazos, como a creación dun auditorio ao aire libre na zona do miradoiro.

Na presentación este venres desta proposta electoral, Lores manifestou ter un "especial e persoal interese" á hora de "pór en valor as inmensas potencialidades que ten Monte Porreiro" e asegurou que "non vou parar ata conseguilo". Este plan suporía a realización de melloras no espazo público con criterios de mobilidade amable, priorizando os centros educativos, sanitarios, culturais ou deportivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta