O PP gobernará Ferrol e os pactos permitirán ao PSdeG conservar A Coruña e Lugo e ao BNG facerse con Santiago. A gran incognita é, novamente, Ourense, logo de que Jácome arrasara aos seus rivais a pesar dos audios.
  comenta   1
O alcalde nacionalista perde dous edís tras 24 anos no poder. Continuará porque "os pontevedreses queren que siga", pero séra co apoio dun PSdeG que sae máis reforzado
  comenta   0
Aconteceu non colexio electoral de Valga. Confusións de mesa e descoidos coa documentación as incidencias máis habituais.
  comenta   0
Rafa Domínguez (Pontevedra), candidato á alcaldía de Pontevedra polo PP, cre que a cidade necesita un cambio xa, urxente. Cre que xa pasou o tempo do "modelo Lores" e considérao esgotado, sen imaxinación. Apunta a desatención aos servizos sociais por parte do Concello e tamén á carencia de vivenda pola falta dun PXOM novo. Fala de sorpresas coas enquisas electorais e di sentir o cambio na cidade.
  comenta   0
Casualidades da vida, Iván Puentes foi alcalde de Fene, a súa vila natal, despois de 24 anos de goberno do BNG. Daquela xa vivía en Pontevedra e agora repite experiencia nesta cidade. Sen querer reverter o xa feito, pensa en posibilidades máis alá das ofrecidas durante os vinte e catro anos do BNG no goberno local. Considera que parte dos puntos non acometidos a día de hoxe na cidade son por falta de implicación da Xunta, presidida por un pontevedrés.
  comenta   0
Miguel Anxo Fernández Lores (Vilalonga) é alcalde de Pontevedra desde 1999. Hai quen apunta á lonxevidade da súa presenza no Concello como algo contraditorio vindo da formación política en que milita, BNG. A proposta que el lanza é: "estamos nunha nova etapa que pode chegar aos 10 anos para completar o proxecto de cidade". Perdeu parte da súa confianza na Xustiza cando o Tribunal Supremo avalou a presenza de Ence na ría, algo que realmente lle doeu. Di sentirse con moitas forzas para continuar e converter Pontevedra nunha referencia mundial. Cre que hai forzas cun grande interese en desfacer o feito en vinte e catro anos.
  comenta   3
Segundo Sondaxe, Inés Rey sería a máis votada na Coruña e Caballero retería unha ampla maioría en Vigo, mentres Lores reforzaríase en Pontevedra.
  comenta   0
O BNG quere que Pontevedra teña o gran museo galego. "Para nós o Museo (de Pontevedra) é tan importante que nunca o convertemos nunha batalla política partidaria", di Lores.
  comenta   2
O anteproxecto da nova praza contempla un espazo de plataforma única e sen barreiras arquitectónicas e cunha pasarela transparente, que pasará por encima do patrimonio arqueolóxico situado nesta zona.
  comenta   0
Nunha das secuencias máis emblemáticas de Annie Hall, Woody Allen atópase facendo cola para entrar no cine mentres un pomposo pseudointelectual comeza a falar sobre o erudito dos medios de comunicación Marshall McLuhan.
  comenta   0
O director territorial de Ence en Galicia, Antonio Casal, referiuse ao futuro da fábrica de pasta de papel en Lourizán e asegurou que "en Pontevedra investirase o que sexa necesario para que sexa competitiva".
  comenta   0
O candidato do PP, Rafa Domínguez, denunciou a situación de "sucidade" e "escuridade" na cidade, na que "resoa a labazada do Tribunal Supremo a Lores por toda a ría"
  comenta   0
Amencer-Aspace conta na actualidade con 150 persoas asociadas, ás que hai que sumar aquelas que reciben tratamentos externos de rehabilitación en centros da asociación situados en Vilagarcía, Pontevedra e Vigo.
  comenta   0
Os nacionalistas sinalan que o encontro servirá para poñer en valor o modelo municipal de "éxito" do BNG
  comenta   0
A Xunta de Persoal do Concello de Pontevedra convoca unha concentración este venres ás 21:30 con motivo da cea organizada polo BNG á que asistirá o alcalde, Fernández Lores.
  comenta   0
Borja Sémper vinculou a presentación desa moción coa "maneira diferente" de interpretar a política por parte do PP de face ao futuro do país e, ante a próxima convocatoria de eleccións xerais
  comenta   0
A mentira é un triste sustitutivo da verdade. Algúns gurús, filósofos ou mesmo científicos, aseguran que a mentira forma parte da evolución humana: o ser humano, ao converterse nun ser social, utiliza este ‘instrumento’ para sobrevivir na contorna que lle tocou en sorte; é dicir, a mentira pode chegar a utilizarse de xeito reiterado para alcanzar unha infinidade de cousas, ou simplemente para agradar ou embaucar á xente que nos rodea.
  comenta   0
O alto tribunal estaca que a prórroga do Goberno de Rajoy contaba con "informes favorables da Administración". Ence, Alfonso Rueda e o Concello de Marín celebran a decisión que recibe moitas críticas de entidades ecoloxistas.
  comenta   0
O BNG elixe a Carme da Silva, edil en Pontevedra, como coordinadora nacional destes comicios destacando que esta cidade "é un referente de boa xestión dentro e fora de Galiza".
  comenta   0
Este venres a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) emitiu un comunicado no que subliña o seu apoio á mobilización do próximo domingo, na que participará con pancarta propia.
  comenta   0
O candidato socialista en Pontevedra lánzase a por unhas eleccións "históricas e ilusionantes" nun acto no que participa a cúpula do PSdeG.
  comenta   3
Di que a Xunta non anunciará "nada novo" na xuntanza que mantén o conselleiro de Sanidade cos alcaldes da área de Pontevedra. "Imos explicar o que facemos e tamén a escoitar", asegurou.
  comenta   2
Enviou unha invitación a todos os concellos co fin de manter unha reunión sobre o "desmantelamento" do sistema público de saúde. Celebrarase o vindeiro mércores no Teatro Principal.
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou a intención da formación nacionalista de estender a todas as cidades de Galicia o modelo de Pontevedra de loita contra o cambio climático.
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG encomendou este martes aos candidatos das cidades a mellora dos resultados nas sete principais urbes galegas, co fin de acadar máis gobernos.
  comenta   0
O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, estima que o custo da rehabilitación do antigo convento ascenderá a case 24 millóns de euros, dos cales 21,8 millóns serán para as propias obras.
  comenta   0
O pasado 11 de decembro deberían terse celebrado as primarias do PSOE local de Pontevedra. A militancia tiña que elixir entre a continuidade do aínda portavoz e tenente de alcalde, Tino Fernández, e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, presentado como un sopro de aire fresco nun partido que precisa desde hai anos dun pulo de ilusión e ambición.
  comenta   0