Lores asina o decreto de aprobación dos orzamentos municipais

O alcalde de Pontevedra sinala que "é unha excelente noticia para o Concello e especialmente para todos os cidadáns que obviamente sufriron os atrancos durante este tres meses"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2024 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), anunciou que asinará este xoves o decreto da Alcaldía coa aprobación dos orzamentos municipais.

Este decreto será remitido ao Boletín Oficial da Provincia e, unha vez que estea publicado, estarán operativas as contas do Concello de Pontevedra para 2024, que ascenden a 94 millóns de euros.

"É unha excelente noticia para o Concello e especialmente para todos os cidadáns que obviamente sufriron os atrancos durante este tres meses", manifestou Lores.

O alcalde da capital deu conta desta novidade nunha rolda de prensa na que compareceu acompañado do edil responsable de Economía e Facenda, Raimundo González.

"Estes orzamentos son imprescindibles para que Pontevedra siga avanzando", destacou Lores, "superamos, eu creo que con éxito, unha situación excepcional", dixo en referencia á cuestión de confianza á que o alcalde supeditou a aprobación dos orzamentos. Sinala tamén "os atrancos que durante este últimos tres ou catro meses puxeron os grupos da oposición".

O alcalde informou que no período de exposición pública "non houbo ningunha alegación taxada que faga necesario levar a pleno este documento". As alegacións que se presentaron foron rexeitadas por parte dos servizos técnicos municipais e, por tanto, isto permite xa esa aprobación.

Concretamente, as alegacións foron formuladas, dúas polo sindicato Comisións Obreiras, unha pola UGT e outra polo sindicato da Policía Local, tamén hai outra presentada fóra de prazo por Cáritas.

"Se non se admiten a trámite non ha lugar a levar a pleno", incidiu Raimundo González, entre outras causas, porque someter o proxecto a votación plenaria "sería atrancar outra vez o orzamento, co cal a cuestión principal da cuestión de confianza pois non serviría absolutamente para nada", engadiu.

En todo caso, o alcalde anunciou que dará conta ao Pleno da firma deste decreto aínda que o proxecto dos orzamentos xa non volverá ser debatido pola corporación.

Unha vez en vigor o novo orzamento o goberno local, "axilizará o máximo posible" os expedientes atrasados, dándolle prioridade a aqueles que teñen prazos marcados polos fondos europeos.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, Beatriz Ciscar - Europa Press
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, Beatriz Ciscar - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Velaí como traballan os socialistas... primeiro invisten ao alcalde e logo non lle deixan facer nada... Pero asinar Por Decreto uns Orzamentos non deixa de ser algo perigoso, especialmente cando levas 24 anos no cargo, a ver se tampouco se van poder presentar alegacións en breve, e así aforramos en Democracia ! Algúns deben ser socios de Putin... ou cando menos aprendices de Gobernar por Decreto (eso sí, decreto progresista) ?