Abril tivo temperaturas de ata 2,5º superiores á media no interior

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 08/05/2023 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia



O cuarto mes de 2023 foi entre seco e normal a nivel de precipitacións en Galicia e extremadamente cálido, con temperaturas ata 2,5º centígrados superiores á media no leste da comunidade, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía.

No abril máis caloroso e con menos choiva en España desde que hai rexistros, Galicia foi a excepción en precipitacións aínda que, en todo caso, estiveron por baixo da media dos últimos anos.

Así, as temperaturas superaron en 1,5ºC a media en toda a Comunidade galega salvo na montaña de Ourense e Lugo, onde a variación respecto do habitual é de 2,5ºC.

MÁIS CALOR EN TODO O ESTADO

A nivel estatal, o balance climatolóxico mensual do AEMET reflicte que a temperatura media no conxunto do país foi de 14,9 graos centígrados (ºC), o que representa 3 graos máis do normal e que apenas se recolleu o 22 por cento das choivas normais para o período de referencia 1991-2020.

Pasaxeiros do catamarán do Sil durante o traxecto pola Ribeira Sacra/ EP. A Deputación de Lugo e Ourense pon a disposición das cidadáns rutas en catamarán pola Ribeira Sacra en. Carlos Castro - Europa Press / Europa Press
Pasaxeiros do catamarán do Sil durante o traxecto pola Ribeira Sacra/ EP. A Deputación de Lugo e Ourense pon a disposición das cidadáns rutas en catamarán pola Ribeira Sacra en. Carlos Castro - Europa Press / Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta