Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2023 | Actualizada ás 12:25
A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela contará proximamente cunha novidade na especialidade de Produtos, xa que terá dous itinerarios diferenciados: o 'xeneral' e o de 'xoiaría e complementos'. Así o recolle o decreto que este mércores publicou o Diario Oficial de Galicia (DOG), para modificar o plan de estudos do Grao en Ensinos Artísticos Superiores de Deseño que na Comunidade só se imparte neste centro situado na capital galega.
Estes cambios responden, segundo o texto que recolle o DOG, á "necesidade de atender á formación do alumnado" dun modo "máis especializado" e atendendo ás "novas tecnoloxías" no sector. Todo iso para mellorar "as súas posibilidades de insercior no ámbito produtivo". Deste xeito, a Escola Mestre Mateo contará para a especialidade de produtos con estes dous itinerarios, o xeneral e o de xoiaría e complementos, coas súas respectivas listaxes de materias.
Así mesmo, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades encargarase de establecer o correspondente sistema de recoñecemento de créditos que procedan de plans de estudos anteriores, así como o calendario de implantación das modificacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.