A Xunta insiste en que o seu modelo de galego "é o da liberdade", que o BNG tacha de 'lingüicida'

O Parlamento Europeo aproba dúas enmendas para que os contidos audiovisuais emitidos en Galicia sexan accesibles en galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2023 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, defendeu este mércores o modelo lingüístico da Xunta de Galicia que, segundo sinalou, baséase "no respecto á lei e a liberdade"; un modelo que o BNG tachou de "lingüicida".

En resposta a unha interpelación exposta polos nacionalistas no Pleno do Parlamento de Galicia, o conselleiro apuntou ademais que se trata dun modelo "apoiado pola sociedade, co seu apoio electoral". "Trátase dun modelo baseado na igualdade e respecto á lei, na convivencia harmónica de dous idiomas, e na liberdade para que calquera persoa poida utilizar a lingua que queira", argumentou, tras o que engadiu que unha lingua "é unha riqueza".

Doutra banda, o conselleiro avanzou algunhas das últimas medias postas en marcha neste ámbito como "un programa pioneiro" co Instituto Camoes para acreditar o idioma dos estudantes portugueses ou o "fito histórico" que supón o anuncio das Letras Galegas deste ano, que emprega a primeira locución da historia en galego en base á Intelixencia Artificial.car a ninguén", insistiu.

"POLÍTICA LINGÜICIDA" PARA O BNG

A nacionalista Mercedes Queixas, a encargada de presentar a interpelación, tachou a política lingüística da Xunta de "lingüicida" e acusou ao Goberno galego de "incumprir os dereitos lingüísticos, que forman parte dos dereitos humanos". "Onde está a súa política lingüística? Non actúan con efectividade e eficiencia. Por que? Pola irrelevancia coa que o PP entende que debe atender a isto, e como unha área transformadora e empoderadora", indicou.

Apuntou tamén que sempre que solicitan algún tipo de avaliación, "a resposta que chega sempre é 'volva vostede mañá". "Insiste o conselleiro en seguir actuando de forma ilegal, incumprindo a súa propia lexislación", censurou. Considera a deputada nacionalista que a Administración galega asfixiou " calquera posibilidade de vida do galego para o futuro, tanto pola vía administrativa como pola legal".

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, responde o pleno do Parlamento galego
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, responde o pleno do Parlamento galego | Fonte: Europa Press

PARLAMENTO EUROPEO

Por outra banda, o Parlamento Europeo deu luz verde este martes, en pleno, a dúas emendas que busca garantir que os contidos audiovisuais emitidos en Galicia sexan accesibles en galego. En rolda de prensa este mércores na Facultade de Ciencias de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), representantes do Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da USC, A Mesa pola Normalización Lingüística ou a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), entre outras, puxeron en valor as emendas aprobadas e propostas por eles mesmos, xunto outras asociacións do sector.

O informe para a implantación da Directiva do audiovisual destaca "a importancia de facilitar a accesibilidade --dobre, autodescripción ou outros elementos -- en todas as linguas do territorio onde o servizo de comunicación social audiovisual é prestado". Así mesmo, reclama á comisión "máis esforzos" para divulgar obras europeas que representen toda a diversidade lingüística europea, tendo en conta as linguas rexionais e minorizadas.

Sobre isto, o presidente da Mesa pola Normalización, Marcos Maceira, explicou que, por exemplo "na plataforma de TVE só hai dúas películas en galego", polo que o Goberno español "ten moito que facer". Nesta liña, apuntou que, no caso de que no próximo mes de setembro non haxa avances significativos" polas emendas ou pola iniciativa Xabarín, para instar o goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta