A subida dos prezos afecta tamén aos coches de segunda man en Galicia en abril

Ourense convértese na provincia con maior subida.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/05/2023 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

O prezo de coches de segunda man subiu un 3,1% en abril en Galicia en comparación co mesmo mes do ano pasado, segundo un informe da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove). De tal forma, o prezo medio do turismo de ocasión en Galicia é de 11.485 euros, inferior ao de España de 12.679 euros. O prezo nos de máis de oito anos é de 8.985 euros na comunidade galega. De tal forma, Ourense foi a provincia da comunidade coa maior subida (11,7%), mentres que a menor subida rexistrouse na Coruña (1,1%).

Ancove resalta que os prezos están estabilizados e as subidas débense principalmente ao incremento de coches con maior tecnoloxía, especialmente híbridos, e ao arrastre das subidas dos prezos dos coches novos.

Coches de ocasión na feira / CAROULET VIGO/ Europa Press
Coches de ocasión na feira / CAROULET VIGO/ Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta