Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/05/2023 | Actualizada ás 13:18
Correos abrirá as súas oficinas este xoves 18 de maio, Día da Ascensión, de 09:00 a 14:00 horas en Para facilitar as xestións, Correos abrirá de 09,00 a 14,00 horas as oficinas de Santiago (O Franco, Conxo e Xunta), Ames (Bertamiráns e O Milladoiro) e Teo (A Ramallosa); e no seu horario habitual as de Brión (Pedrouzos) Boqueixón (O Forte) e Vedra (Avenida Mestre Manuel Gómez Lorenzo) para atender as últimas peticións de voto por correo.
Tal e como lembrou a entidade, a xornada festiva neste seis concellos coincide co último día para solicitar o voto por correo para as eleccións municipais que se celebrarán o 28 de maio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.