Rueda acusa a Sánchez de "gastar o diñeiro de todos" para facer anuncios en campaña

Apela a lograr a maioría absoluta na Coruña, onde o candidato popular insta a "construír cidade".

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 18/05/2023 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG e titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, reprochou ao Goberno os anuncios feitos durante a campaña electoral que "rebaixan a conta do diñeiro de todos", dixo pondo como exemplo os vinculados á vivenda.

Nun encontro con empresarios xunto ao candidato popular á alcaldía, Miguel Lorenzo, criticou "os anuncios" en campaña electoral "desde Moncloa". "Cando un pide concrecións e chas dan, non ten nada ver cos anuncios que están a facer", criticou. "Hai cousas que levan moitísimo tempo esperando e que son necesidads e, de súpeto, anúncianse en campaña electoral", apostilou.

Mentres, dixo que se equivocan os que aseguran que é só "cousa da Xunta" a creación de emprego e a política industrial e argumentou que tamén os concellos teñen un papel, en referencia ás eleccións municipais.

MAIORÍA ABSOLUTA NA CORUÑA

Xa no ámbito da cidade da Coruña, instou a ter un apoio "potente" para lograr unha maioría absoluta. E é que, na súa intervención, criticou os anos de goberno da Marea Atlántica e do PSOE con "asuntos bloqueados e bastantes conflitos".

"Hai que romper esta dinámica", dixo tamén Rueda para quen a "solución" pasa polo seu candidato de cara a que sexa un alcalde "que non se enfade coas críticas e que estea con todos os sectores". "Un alcalde que colabore con todas as adminstracións e que non converta calquera pequeno problema nunha odisea", manifestou en referencia ao actual goberno socialista e á ampliación do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac).

PROPOSTAS

Pola súa banda, Miguel Lorenzo asegurou que o seu obxectivo é pór á Coruña "en funcionamento" e "desbloquear" proxectos para "construír cidade". Tamén cualificou de "tomadura de pelo" algúns anuncios en campaña electoral, en alusión aos socialistas.

"De nada vale anunciar que se vai a investir en grandes infraestruturas e logo en obras de 29 millóns, só hai orzamentados 500.000 euros", sinalou Lorenzo, quen citou, entre as súas propostas, a creación dunha concellaría de mocidade e apostar pola colaboración pública-privada e por unha relación de "irmáns" cos concellos da área metropolitana.

Rueda participa nun acto de partido
Rueda participa nun acto de partido | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta