Rueda sostén que nas instalacións de Navantia "seguro que hai sitio" para a eólica mariña

Asegurou que o uso de Punta Langosteira "será complementario", á vez que apuntaba que con ese traballo "non se lle saca nada a ninguén

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2023 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sostén que "nas propias instalacións de Navantia" na comarca de Ferrolterra "hai lugar para poder optimizalas e poder dedicalas" a tarefas de eólica mariña "sen necesidade doutros sitios".

O pasado xoves, en relación cunha posible instalación de Navantia no porto exterior da Coruña para ensamblar compoñentes, Rueda asegurou que o uso de Punta Langosteira "será complementario", á vez que apuntaba que con ese traballo "non se lle saca nada a ninguén, séguese crecendo e séguese producindo".

Por mor desas palabras, cargos do PSOE como a concelleira de Ferrol Eva Martínez acusaron a Rueda de "aplaudir" que Navantia queira instalarse no porto coruñés. A preguntas da prensa este venres tras o Consello da Xunta, Rueda aclarou que nas súas palabras do xoves referíase a que é "un bo síntoma que se necesite máis espazo" para unha actividade industrial derivada da eólica mariña

Ademais, dixo que lle fai "graza" escoitar "algunha crítica" de responsables políticos do PSOE en relación cunha empresa pública. "Se quen está a expor desprazarse a outros lugares é unha empresa sobre a cal o Goberno socialista ten o control, serán os primeiros que poidan falar con eles", remarca. Así, Alfonso Rueda considera que "nas instalacións actuais" de Navantia en Ferrolterra "seguro que hai sitio para seguir ocupando con esta actividade".

O presidene da Xunta, Alfonso Rueda, na comparecencia posterior ao Consello da Xunta deste venres. Xunta de Galicia
O presidene da Xunta, Alfonso Rueda, na comparecencia posterior ao Consello da Xunta deste venres. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta