Temas: 061 ONS SUCESOS

Unha persoa ferida cunha radial é evacuada en helicóptero da illa de Ons

Tamén este domingo os servizos de emerxencias evacuaron a unha senderista ferida en Cabana de Bergantiños.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2023 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Unha persoa foi trasladada este domingo en helicóptero tras sufrir un corte cunha radial na illa de Ons. O ferido foi evacuado ao Hospital Montecelo.

Segundo informou o 112, a través da chamada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o servizo tivo coñecemento cara ás 13,30 horas dunha persoa que se cortou cando estaba a manipular unha radial na illa de Ons, en Bueu.

Desde o 112 informouse a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes Garda Civil e da Policía Local de Pontevedra. Á súa vez, alertouse ao persoal do Parque Nacional Illas Atlánticas.

FERIDO TRAS CAER DA BICICLETA NO ROSAL

Doutra banda, un ciclista foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras sufrir unha caída no camiño Vilariños. Pasaban as 13 horas cando o 112 recibiu o aviso deste accidente a través dun particular, que explicaba que o implicado tropezara cunha rama e caera.

De inmediato, solicitouse a intervención dos servizos sanitarios, da Garda Civil e de Protección Civil do Rosal, e informouse aos efectivos do GES da Guarda por se tivesen que intervir. Unha vez alertado, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicou que mobilizaba o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

EVACUADO UNHA SENDERISTA EN CABANA DE BERGANTIÑOS

Tamén este domingo os servizos de emerxencias evacuaron a unha senderista ferida en Cabana de Bergantiños. Os efectivos dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso e de Protección Civil colaboraron cos servizos sanitarios para achegala ata a estrada, xa que se atopaba nunha zona á que non podía chegar a ambulancia, que se encargou do traslado.

Un particular que acompañaba á implicada explicou ao 112 Galicia, dez minutos antes das 13,30 horas, que esta sufrira unha lesión cando percorrían a ruta dos faros, en Borneiro. Neste operativo tamén participou a Garda Civil.

Helicóptero medicalizado do 061
Helicóptero medicalizado do 061 | Fonte: Europa Press

Temas: 061 ONS SUCESOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta