Os 2,2 millóns de galegos chamados ás urnas poderán votar en 3.961 mesas de 2.36 locais

Máis de 21.400 persoas traballan na preparación e no desenvolvemento da xornada electoral.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2023 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

O dispositivo das eleccións do próximo 28 de maio ao que están chamados 2.225.962 millóns de galegos inclúe 3.961 mesas e urnas e 2.360 cabinas nun total de 2.360 locais electorais distribuídos en toda Galicia.

A Delegación do Goberno en Galicia ultima esta semana os dispositivos loxísticos e de seguridade para garantir o dereito a voto nas municipais do domingo. Concretamente, nos 313 concellos elixiranse 3.705 concelleiros, dos que sairán tamén os nomes dos 108 postos de deputados provinciais. Ademais, tamén se elixen oito postos de alcalde-pedáneo nas entidades de ámbito territorial inferior ao municipio (Eatim).

Para este proceso, a Delegación do Goberno destinará 3,4 millóns aos custos derivados da loxística e seguridade, unha cantidade que é sensiblemente menor á anterior, xa que en 2019 coincidiron coas eleccións ao Parlamento Europeo.

En total, máis de 21.400 persoas traballan na preparación e no desenvolvemento da xornada electoral. Entre elas, 11.883 son membros das mesas electorais; 2.580 representantes da administración, responsables da transmisión de datos nas mesas; e 7.209 persoas correspóndense cos membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado que velarán pola normalidade da xornada.

Colexio electoral galego
Colexio electoral galego | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta