Cacharro Pardo aínda non descansa en paz

AGE cuestiona que a capela ardente do ex líder popular estea na Deputación de Lugo. O PPdeG, que criticou a súa última etapa, pide agora que se lle conceda a Medalla de Ouro. O BNG critica a Besteiro por homenaxealo.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 09/03/2015 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Francisco Cacharro Pardo, unha das figuras políticas que máis encarna a última etapa da historia recente de Galicia, aínda non descansa en paz. Cando non se cumpriu un día do seu pasamento, diferentes partidos utilizaron a súa morte para lanzar críticas políticas.

Cacharro Pardo
Cacharro Pardo

AGE critica o uso da Deputación de Lugo para velar o seu corpo, mentres que o partido que axudou a crear e engrandecer na provincia, o PPdeG, e do que se tiña distanciado --e mesmo pedido a baixa como militante--, pídelle a BNG e PSdeG que apoien que se lle conceda a Medalla de Ouro polo seu "compromiso" con Lugo.

Así, O deputado autonómico de AGE, Ramón Vázquez, expresou este luns desacordo do seu grupo co feito de que a capela ardente de Cacharro Pardo quede instalada no salón de plenos do Pazo de San Marcos, a institución que gobernou durante 24 anos.

"Non estamos de acordo con eses usos e con esas formas", dixo Ramón Vázquez aos medios de comunicación. "Desde o punto de vista persoal, sempre que se produce un falecemento, expresamos o pesar cara á súa familia pero estamos a falar dunha figura política que está nas antípodas ideolóxicas, así como nas antípodas das formas e dos usos políticos do que AGE representa", dixo.

"Quizais non sexa o momento de facer valoracións políticas, pero esa é a realidade. Así criticou que se teña feito un uso político das institucións públicas, como é o caso da Deputación Provincial, durante un proceso que "é puramente íntimo e familiar, como é a propia morte".

Pola súa banda, Yolanda Díaz expresou desde o ámbito persoal o seu "absoluto respecto e solidariedade" coa familia de Cacharro Pardo, pero lembrou que desde o punto de vista político, a súa etapa estivo marcada por "luces e sombras".

Preguntado polas queixas de AGE, o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, que goberna en coalición co BNG esta institución provincial, afirmou que non ía facer "ningún tipo de valoración nese sentido".

Postura do BNG

O Bloque Nacionalista Galego emitiu un comunicado no que rexeita que a capela ardente de Francisco Cacharro Pardo se instale no Pazo de San Marcos, sede da Deputación, e desvincúlase das “decisións unilaterais” do presidente da institución provincial,  en relacións ás homenaxes institucionais.

 

O voceiro do Grupo Provincial do BNG na Deputación, Mario Outeiro, mostrou “as condolencias á familia de Francisco Cacharro Pardo polo seu falecemento” pero quixo desmarcarse “por completo” das decisións tomadas por Besteiro, e que o BNG non comparte, en relación tanto á instalación da súa capela ardente na sede da Deputación como aos actos institucionais previstos.

Recoñecemento

Quen pide agora todo o recoñecemento para Cacharro Pardo, logo de expulsalo da dirección do PP de Lugo, é o Partido Popular, que pide a Medalla de Ouro de Lugo polo seu "compromiso decidido" pola cidade e os seus habitantes.

O portavoz municipal do PP, Jaime Castiñeira, considera "xusto e oportuno" esa distinción a Cacharro Pardo pola súa "enerxía e decisión" á hora de traballar para "mellorar a vida dos lugueses".

Por iso, pediulle ao PSdeG e o BNG que mostren "a altura de miras necesaria" para brindar ese recoñecemento a unha persoa que, "con independencia das siglas", foi "coñecida e recoñecida dentro e fóra de Lugo".

Tamén o vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, que visitou esta mañá a capela ardente, afirmou que o político lucense "marcou unha etapa" dentro do partido e "significou moitísimo" na súa historia. Este recoñecemento súmase ao de outros dirixentes como Xosé Manuel Barreiro. Alberto Núñez Feijóo, que se enfrontou políticamente a Cacharro, asistirá esta tarde ao seu enterro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 papafigos das figueiras

queda no recordo para todos nos aquel convinado mitico... botame un cacharro pardo, cuios ingredientes eran cocacola e ron ... cacique off course.sttl

3 esta ardendo no inferno!

recoñezo que esta falar mal dos mortos, pero sexamos realistas este "mamarracho fillo de "puta "ladron, prototipo do cacicato do peperolo estara agora ardendo no inferno, nos caldeiros de pedro boteiro, todos van rematar asi, Frijoles, -Vieiras, traidores o pobo galego ainda non é tarde, aindan poden arrepentirse do seu enterguismo a expaña da sua traizon e das cadansuas miserias!

2 galegoexiliado

A dereita sociata non dsperdicia ningunha ocasión pa achegarse á casa común da dereita.

1 Lucvs Domesticae

O PsoEspañol e a súa coletilla no poder, o Bng, préstanse encantados a render honores ao que foi o máximo representante do caciquismo e da burla da democracia en Lugo. A Deputación tivo un dono, paternalista e clientelar, chulesco e prepotente, que mesmo o PsoE e Bng lle aplauden. Vendidos!!!

1 Lionardo

Lucvs Domesticae, vostede leu o artigo? Creo que nel fica clara a postura do BNG.

2 bien pagaos

o Beneguai non comparte pero deixa facer. en Vigo a Caballero, en Lugo a Besteiro e Orozco... o Beneguai comparte mesa e mantel, deixase querer... coitadiños... e non fai mioto ruido, non vaia ser que lles quiten a mamadeira.