O PSOE de Sarria denuncia un buzoneo de papeletas do seu partido cos candidatos do 2015

Os socialistas estudan presentar unha denuncia na Garda Civil xa que critican que se queira confundir á xente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2023 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

O PSOE de Sarria decidiu levar ante a xunta electoral de zona un buzoneo de papeletas das eleccións municipais de 2015, segundo confirmaron a Europa Press fontes socialistas.

Os socialistas interpretan que esta actuación ten a "evidente intención de provocar votos nulos" para este partido o vindeiro domingo do 28M.

Por iso, o PSOE desta localidade rogou "encarecidamente" á poboación que "revise" as papeletas para evitar o erro e que manteña informados de calquera incidencia. Lembran, pois, que o candidato Benjamín Escontrela, fronte a Pilar López, que era a cabeza de lista naquel momento.

"Queremos lembrar que unhas eleccións son algo moi serio, a máxima expresión da democracia", sinala o PSOE de Sarria na súa conta de Facebook, na que apuntan que "actos de sabotaxe como este son constitutivos de delito", por iso tamén se estudou presentar unha denuncia ante a Garda Civil. "Na política, non todo vale", aseveran os socialistas.

Benjamín Escontrela, candidato do PSOE nas eleccións de 2023
Benjamín Escontrela, candidato do PSOE nas eleccións de 2023 | Fonte: XdL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta