Os pagos por cesamento de actividade ás mariscadoras de Noia faranse efectivos nas vindeiras semanas

Así o informou o Executivo na súa resposta a unha iniciativa do deputado Antón Gómez-Reino, do Grupo Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia En Común.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2023 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O Goberno prevé que as traballadoras do sector do marisqueo na ría de Noia reciban entre este mes de maio e xuño os abonos correspondentes ás prestacións por cesamento de actividade nos meses precedentes.

Así o informou o Executivo na súa resposta a unha iniciativa do deputado Antón Gómez-Reino, do Grupo Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia En Común, quen levou ao Congreso "a situación insustentable do sector", afectado por un episodio de toxina na ría de Noia e unha condición climáticas anómalas.

Na súa extensa resposta, o Goberno tamén explica que a razón do atraso na tramitación dos pagos "é a complexidade da mesma e a necesidade de comprobar e xustificar cada un dos requisitos esixidos legalmente para a súa concesión".

Así mesmo, tamén sinala que o Instituto Social da Mariña (ISM) "sempre tivo como obxectivo facer máis sinxelos, máis fáciles e menos complicados" os procedementos, "facilitando as ferramentas adecuadas ao cidadán" e expón unha serie de medidas que se están aplicando para a simplificación e a axilización dos trámites administrativos relacionados cos cesamentos de actividade.

Mariscadores e mariscadoras apañando ameixa e berberecho na Ría de Muros e Noia
Mariscadores e mariscadoras apañando ameixa e berberecho na Ría de Muros e Noia | Fonte: Liliana Solís

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta