Todos os partidos de Campo Lameiro comprométense contra a implantación de parques eólicos

Terán que encargar prospeccións arqueolóxicas para "blindar o seu patrimonio non catalogado".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 26/05/2023 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Os partidos que concorren en Campo Lameiro comprométense "a tomar medidas efectivas e urxentes para impedir a implantación de polígonos eólicos", segundo informa o Colectivo do Vento, que explica que así o fixeron mediante a firma dun decálogo consensuado con este grupo veciñal.

En concreto, explica que conseguiron o compromiso do actual alcalde e candidato do PP, Carlos Costa, e tamén da agrupación de electores PorVir, do PSOE e do BNG.

Segundo o documento subscrito, o próximo alcalde ou alcaldesa terá que encargar prospeccións arqueolóxicas para "blindar o seu patrimonio non catalogado e un mapa hidrogeológico para protexer os mananciais".

Tambián haberá charlas do Observatorio Eólico de Galicia para informar á poboación "e un apoio decidido do concello ás comunidades que deban acudir á vía xudicial para frear os proxectos eólicos que está a tramitar a Xunta".

Parque eólico. EDPR
Parque eólico. EDPR

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta