Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2023 | Actualizada ás 12:08
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a súa respectiva orde da Consellería do Medio Rural polas que se convocan axudas para a recuperación de castiñeiros e para paliar as perdas de produción das explotacións apícolas en concellos afectados polos incendios forestais que se produciron en Galicia o ano pasado, por un importe total de 750.000 euros.
En concreto, as achegas para recuperación de castiñeiras están dotadas cun orzamento de 500.000 euros, que irán destinados a compensar os danos causados polos incendios rexistrados no mes de xullo de 2022. A solicitude desta subvención e os trámites administrativos posteriores poden facerse por medio dunha entidade colaboradora que, á súa vez, tamén realizará os traballos de campo e as obras necesarias para a execución das accións subvencionables.
No caso das subvencións para o sector apícola, a dotación é de 250.000 euros e os fondos destinaranse a paliar as perdas de produción daquelas explotacións localizadas nos concellos onde se rexistraron grandes lumes forestais durante o ano 2022, con máis de 1.000 hectáreas afectadas.
CASTIÑEIRAS
Segundo trasladou a Consellería, no que se refire a as axudas para recuperación de castiñeiras, ábrense tres liñas de financiamento. En primeiro lugar, de achegas para talla, recollida e astillado ou retirada de pés de árbores danadas polo lume, roza da castiñeira e plantación de novos pés de castiñeiros en substitución dos exemplares danados.
En segundo termo, outra liña destínase á reparación dos danos causados polos incendios nas pistas forestais límites ou interiores, así como nos peches das castiñeiras. En terceiro lugar, establécense axudas para a reparación dos danos nos equipamentos inmobiliarios auxiliares da explotación da castiñeira para castaña. Nestas dúas últimas liñas, a súa petición está condicionada a que se solicite a primeira opción das axudas (talla, roza e plantación).
Os beneficiarios destas subvencións serán os titulares, arrendatarios ou persoas que teñan un dereito de explotación e/ou xestión das castiñeiras, quedando excluídas as administracións ou entidades do sector público.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.