A Deputación da Coruña e o Concello das Pontes asinan un convenio para proxectar unha residente de maiores

As residencias existentes no territorio non responden á demanda real, ademais de ser en moitos casos de titularidade privada", recolle o texto asinado

Por E.P. | A CORUÑA | 26/05/2023 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

A deputada de Benestar Social da Deputación da Coruña, Ana Lamas, e o tenente de alcalde do Concello das Pontes de García Rodríguez, Antonio Alonso, asinaron este venres un convenio para a redacción do proxecto da residencia de maiores que a institución privincial financiará no municipio.

Tal como informou a Deputación, o texto especifica a posta a disposición dos terreos por parte do goberno local á altura do número 120 da rúa Pardo Bazán, así como unha achega de 38.500 euros por parte do ente provincial para financiar o proxecto técnico e o estudo geotécnico.

"A raíz do estudo realizado pola Deputación para o diagnóstico e plan de acción en materia de servizos sociais na provincia, detectouse unha falta significativa de dotacións destinadas a maiores, especialmente de tipo residencial. As residencias existentes no territorio non responden á demanda real, ademais de ser en moitos casos de titularidade privada", recolle o texto asinado este venres.

Isto, segundo a Deputación, obriga a que moitos anciáns estean lonxe da súa contorna, o que fomenta o "desarraigamento" e unha imposibilidade de seguir vinculados ao núcleo familiar, "ocasionando episodios de soidade non desexada".

A Deputación da Coruña e o Concello das Pontes asinan un convenio para proxectar unha residente de maiores.. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Coruña e o Concello das Pontes asinan un convenio para proxectar unha residente de maiores.. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta