Así será a ABAU en Galicia este anos

Case 12.800 estudantes están chamados a facer os exames. As notas publicaranse a partir das 20,00 horas do 15 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2023 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Case 12.800 alumnos e alumnas de Galicia matriculáronse para realizar as probas da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade), que terán lugar entre o 6 e o 8 de xuño, con exames nunha trintena de sedes en toda a comunidade autónoma.

Así, segundo informou a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), entre a convocatoria anticipada e a ordinaria, matriculáronse un total de 12.788 estudantes, fronte aos 12.661 do ano pasado. Por sedes, os lugares onde se examinarán máis alumnos nas principais cidades son a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago (585 matriculados), a Facultade de Humanidades de Lugo (555 matriculados), a ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Coruña (513 matriculados), a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra (505 matriculados), a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (441 matriculados), a Escola de Enxeñeiros Industriais do campus de Vigo (345 matriculados) e a Facultade de Historia e Educación e Traballo Social de Ourense (304 matriculados).

Este venres celebrouse unha reunión de todas as presidencias e secretarías das 35 comisións delegadas para informar as novidades que haberá nas probas este ano. Os exames comezarán o martes ás 10,00 horas coa proba de Historia de España, á que seguirá o exame de Lingua Castelá e Literatura II; pola tarde será a quenda de Matemáticas II, Latín II, Economía da Empresa e Deseño.

O mércores celebraranse as probas de Lingua e Literatura Galega II, lingua estranxeira, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, Fundamentos da arte II, Química, Grego II, Debuxo Técnico II, Artes Escénicas e 2ª lingua estranxeira.

Xa o xoves, terán lugar os exames de Bioloxía, Historia da arte, Física, Xeografía, Cultura Audiovisual II, Xeoloxía e Historia da Filosofía. As notas publicaranse a partir das 20,00 horas do 15 de xuño.

A CIUG tamén lembrou que se retoma "a detección de frecuencias" en todas as aulas das comisións delegadas, e subliñaron que, se se detecta a alguén copiando nalgunha das probas, implicará a "anulación total" da EBAU.

Alumnos antes de entrar a realizar as probas da ABAU en Galicia
Alumnos antes de entrar a realizar as probas da ABAU en Galicia | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta