Formoso atribúe a baixada do PSdeG en Galicia á "onda nacional"

Con todo destaca que o PSdeG retén un poder municipal "moi relevante" a pesar de baixar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2023 | Actualizada ás 00:34

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Fomroso, destacou que o Partido Socialista de Galicia consegue manter un poder municipal "moi relevante" a pesar de experimentar un descenso de apoios "dentro da onda nacional".

Formoso pronunciouse deste xeito nunha rolda de prensa na sede do PSdeG, na que compareceu case a medianoite, co peche do escrutinio. Na súa intervención, o xefe de filas dos socialistas galegos sostivo que a súa formación logra manter un poder "moi importante". "Mantemos as tres provincias --aínda non se sabe se a Deputación de Lugo seguirá nas mans do PSdeG-- as grandes cidades que representan o ámbito máis dinámico e máis de 1.000 concelleiros", afirmou aínda que os datos das provincias de Pontevedra e Lugo aínda non se pecharon.

Ademais, enmarcou a perda de apoios rexistrada polo PSdeG nunha "onda nacional" de descenso de apoios do Partido Socialista, pero puxo en valor que mentres que o PP sobe nove puntos no conxunto do Estado, en Galicia esta alza redúcese a cinco puntos, o que, na súa opinión, "debería preocupar a Alfonso Rueda".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta