O sector alimentario galego e o turístico unen forzas para impulsar as súas potencialidades

A intención é aumentar o posicionamento da marca Galicia ao redor da súa gastronomía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2023 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) asinou o pasado venres un convenio de colaboración co Clúster Turismo de Galicia para a promoción turística e a posta en valor do patrimonio gastronómico da Comunidade autónoma.

O director de Clusaga, Roberto Alonso, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, rubricaron a firma deste convenio que promoverá proxectos de interese común e que "aumentará a competitividade e o fortalecemento das relacións entre os sectores que representan".

Segundo un comunicado de Clusaga, este convenio de colaboración implicará un compromiso de execución para os próximos anos. Desta maneira, buscarán a implicación das Administraciónes públicas nas futuras medidas que contribúan aos sectores que representan.

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

Por outra banda, o Clúster Turismo de Galicia participará nun grupo de traballo, promovido por Clusaga, que contará cun foro de debate que ten como finalidade xerar un espazo de intercambio de ideas no ámbito do turismo gastronómico.

En concreto, o obxectivo deste grupo será que as empresas da industria alimentaria e de bebidas determinen cales son as iniciativas de maior impacto e viabilidade para pór en valor os produtos galegos. En consecuencia, a intención é aumentar o posicionamento da marca Galicia ao redor da súa gastronomía.

Arquivo - Un dos polbos cociñados na Festa do polbo celebrada no Carballiño en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un dos polbos cociñados na Festa do polbo celebrada no Carballiño en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta