Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2023 | Actualizada ás 18:07
Santiago de Compostela acollerá os días 12, 13 e 14 de xullo as jorndas 'Educar para convivir co lume', coas que se buscará sensibilizar sobre os incendios forestais. Esta é unha das actividades do programa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) 'Plantando cara ao lume', coordinado por Enxeñaría do Campus Terra, no que participan 15 centros universitarios de toda España. Promove unha relación sustentable entre cidadanía e lumes forestais a través de charlas, rutas por zonas afectadas polo lume e ferramentas tecnolóxicas innovadoras.
O obxectivo do encontro de verán será buscar novas fórmulas e modelos para sensibilizar á poboación, incrementar a implicación cidadá e transferir coñecementos, xa que se demostrou que estes factores contribúen a reducir a concorrencia de incendios, sinala Agustín Merino, catedrático da USC e coordinador do programa. A inscrición no foro xa está aberto e o programa inclúe mesas redondas interactivas, actividades de campo, así como unha charla de Laura Bertha Reyes Sánchez, presidenta da Organización Internacional de Ciencias do Chan.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.