Por iso, eu quero centrar o meu festexo en que os premios ás mellores autoras do ano fosen xustamente para iso, para dúas autoras, para dúas mulleres; ademais, para dúas persoas fondamente solidarias con moitas causas que algúns quererían adxectivar como perdidas.
Hai unha terceira muller que non para de acaparar galardóns (onte recibiu outro) e que ten en fite a cultura galega, que é Ledicia Costas.
Existen máis referentes de éxito feminino nas nosas letras actuais, ben o sei (Teresa Moure, Rosa Aneiros, Anxos Sumai, Marilar Aleixandre, Marica Campo, Marta Dacosta, etc., etc.), mais acho que os tres nomes antes citados teñen tamén de especial o seu esforzo pola profesionalización dentro do campo literario. Non son verdadeiramente pioneiras nesa verea?
O futuro da literatura galega escríbese en feminino.