Propostas para vivirmos en galego

Hai quen quere cansarnos e facernos pensar que o futuro do galego está decantado cara ao patíbulo.

Por Carlos Callón | Compostela | 15/07/2011

Comparte esta noticia

Mais nin a desaparición nin a recuperación dunha lingua son nunca procesos espontáneos. Podemos intervir e rectificar a situación actual, porque cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posíbeis.

Este libro, que se comezará a distribuír a semana próxima, propón que protagonicemos no noso día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións.

Para iso, formúlase unha operativa guía de conduta para vivirmos en galego, chámase a un consumo responsábel co noso idioma e faise un repaso moi claro e por sectores dos dereitos lingüísticos que se nos recoñecen.

A existencia de miles de galegas e galegos que non están dispostos a renunciar aos seus dereitos lingüísticos é a maior esperanza para superarmos a difícil situación actual. Isto centra o compromiso individual como protagonista para conquistarmos o futuro. Isto apélanos a ti e a min. Se non actuamos nós, ninguén o vai facer por nós.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos Callón Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de Lingua e Literatura Galegas e presidente honorífico da Mesa pola Normalización Lingüística. Publicou varias obras, entre as cales o manual Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, o ensaio Amigos e sodomitas e o poemario Atravesar o fantasma.