Nove detidos en Galicia e Cataluña dentro dun operativo contra o tráfico de drogas e os roubos con violencia

A operación segue aberta e as actuacións están baixo segredo, aínda que os axentes apuntan a implicación dos detidos con delitos de roubo con violencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2023 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

Un amplo operativo policial, por delitos de roubo con violencia e tráfico de drogas, despregouse este mércores nas cidades de Pontevedra, Ourense e Barcelona, dos que resultaron, polo menos, nove detidos.

Desde primeira hora da mañá deste mércores, os veciños da cidade do Lérez e de Ourense foron testemuñas dunha gran presenza policial nas súas rúas. Ata Pontevedra desprazáronse varios axentes da Garda Civil de Ourense e efectivos da Unidade de Droga e Crime Organizado da Policía Nacional (Udyco).

Alí, os axentes practicaron dúas detencións e dous rexistros en vivendas relacionadas co tráfico de drogas. Concretamente, un dos inmobles está situado no número 72 da rúa Joaquín Costa, nas inmediacións do Hospital Provincial, e a outra no 4 da rúa Cruz Gallástegui, ambas nas proximidades da Comisaría Provincial.

As operacións causaron gran balbordo na zona xa que pola localización nas inmediacións do Hospital Provincial foron varios os transeúntes que observaron o amplo despregamento, mesmo viron como saían os detidos dos seus domicilios. No que respecta aos detidos, os dous eran investigados no marco dunha operación contra o tráfico de estupefacientes e, dos respectivos inmobles, os axentes tamén levaron documentación.

A Garda Civil confirmou que esta actuación en Pontevedra forma parte dun operativo máis amplo, despregado tamén en Ourense e Barcelona, que suma xa nove detidos como presuntos autores de delitos con roubo con violencia.

No que respecta á cidade das Burgas, a operación comezou ao fío das 07,00 horas segundo comentaron algúns veciños presenten no lugar. Así, axentes da Garda Civil e da Policía Nacional levaron a cabo varios rexistros en vivendas situadas na Avenida de Buenos Aires, no barrio do Couto, cara onde se desprazou unha Unidade Cinolóxica, e en Rairo.

A operación, do Xulgado de Instrución Número 1 de Ourense, segue aberta e as actuacións están baixo segredo, aínda que os axentes apuntan a implicación dos detidos con delitos de roubo con violencia.

Un axente da Garda Civil leva a un dos detidos por roubos con violencia na rúa Joaquín Costa, a 31 de maio de 2023, en Pontevedra, Galicia (España). Desde primeira hora de hoxe, numerosos efectivos da Garda Civil de Ourense e Pontevedra. Gustavo da Paz - Europa Press
Un axente da Garda Civil leva a un dos detidos por roubos con violencia na rúa Joaquín Costa, a 31 de maio de 2023, en Pontevedra, Galicia (España). Desde primeira hora de hoxe, numerosos efectivos da Garda Civil de Ourense e Pontevedra. Gustavo da Paz - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta