O Sergas impulsará a intelixencia artificial para detectar patróns de risco ou anomalías en pacientes

Investirá 200 millóns ata 2026 no plan de transformación dixital.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2023 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) contará cun plan duns 200 millóns de euros ata 2026 para potenciar o emprego da intelixencia artificial (IA) e introducila "como ferramenta de apoio ao traballo diario". Así o avanzou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao termo da reunión semanal do seu Executivo, na que se aprobou este plan de transformación dixital que permitirá dotar ao sistema sanitario das "vantaxes" que ofrecen as novas tecnoloxías e a "potencialidade" da IA.

Contará con máis de 120 iniciativas, entre elas a mellora do seguimento telemático dos pacientes ou analizar patróns de risco para seleccionar a persoas que conten cunha enfermidade e ofrecerlles de forma automática un cribado.

"Non se trata de substituír médicos por unha máquina, pero si de darlle á profesionais información máis concreta a tempo real", matizou o presidente da Xunta. Así, destacou que entre as facilidades que terían os funcionarios serían ter un patrón de risco nas intervencións, selecciónar mellor pacientes ou detectar anomalías en pacientes crónicos en seguimento, entre outras.

Reunión do Consello da Xunta baixo a presidencia de Alfonso Rueda
Reunión do Consello da Xunta baixo a presidencia de Alfonso Rueda | Fonte: Europa Press

Por outra banda, o Goberno galego aprobou este xoves outro plan para investir 5 millóns de euros en 100 máquinas que permitirá reducir os gases contaminantes no emprego de anestesia por inhalación.

ANTIBIÓTICOS

Por outra banda, a Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbiología Clínica (Seimc) celebra entre o 1 e o 3 de xuño o XXVI Congreso Nacional, onde ao redor de 2.000 expertos debaterán sobre, entre outros aspectos, a resistencia aos antibióticos. Apuntan que a resistencia ás bacterias mata a 1,3 millóns de persoas ao ano en todo o mundo.

A este respecto, remarcaron que a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou as resistencias aos antibióticos unha ameaza mundial. "Trataremos o crecente problema da resistencia aos antibióticos desde unha perspectiva de saúde única (One health), incluíndo as diferentes estratexias para combatela desde o control da transmisión, os novos antibióticos, a optimización dos tratamentos existentes ou os avances en fagoterapia", detallou o presidente do Comité Científico do Congreso, o Dr. Antonio Oliver.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta