Rueda afonda relacións coa Cuba comunista

Recibe ao seu embaixador para profundar nas relacións de amizade entre Galicia e o país caribeño

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2023 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu este xoves ao embaixador de Cuba, Marcelino Medina, co obxectivo de profundar nas históricas relacións de irmandade entre Galicia e este país caribeño.

Durante o encontro, Rueda e Medina incidiron nos lazos que unen de maneira especial a cubanos e galegos, territorios "vinculados pola historia e a cultura". Así mesmo, o mandatario autonómico ofreceu ao embaixador cubano o apoio do pobo galego como mostra de afecto e agradecemento polo que Cuba representou para Galicia e para a galeguidade nos tempos da emigración, e pola súa tradicional acollida ao pobo galego.

O presidente da Xunta e o máximo representante diplomático de Cuba en España abordaron no encontro asuntos de interese para o desenvolvemento económico dos dous territorios. No campo da cooperación, Galicia financiou nos últimos anos diferentes intervencións de desenvolvemento e de acción humanitaria en Cuba, principalmente en apoio da infancia e das persoas maiores.

O presidente da Xunta reúnese co embaixador de Cuba en España
O presidente da Xunta reúnese co embaixador de Cuba en España | Fonte: DAVID CABEZON @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta