Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2023 | Actualizada ás 13:54
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta activou a alerta laranxa por choiva na montaña de Ourense e de Lugo, así como no sur desta última provincia.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comeza ao mediodía deste domingo cunha precipitación acumulada nunha hora de ata 30 mm.
Ademais, estarán en alerta amarela o centro de Lugo, xa que se prevé unha precipitación acumulada nunha hora de 20 mm, así como o interior da Coruña e de Pontevedra, e as zonas noroeste, Miño, sur e Valdeorras de Ourense, onde se espera unha precipitación acumulada nunha hora de 15 mm.
A maiores activouse a alerta amarela por treboadas nos interiores da Coruña e de Pontevedra, en Ourense, no centro, sur e montaña de Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.