'Allariz, Pobo Seguro', protocolo de prevención e atención das violencias sexistas en espazos festivos

A iniciativa pretende garantir a eficiencia na resposta e o rexeitamento a esta problemática social, especialmente nos contextos de eventos festivos. A Festa do Boi será a primeira na que se implante o devandito protocolo.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 05/06/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, Maribel Poisa concelleira de Igualdade, Cristina Outeiriño, técnica de Igualdade e Juan Seara Ferro en representación da Asociación Xan de Arzúa, parte organizadora da Festa do Boi, xuntáronse días atrás para presentar o protocolo: “Allariz Pobo seguro”. Un dispositivo que pretende garantir a eficiencia na resposta e o rexeitamento a esta problemática social de carácter estrutural, que mantén as desigualdades e a discriminación contra as mulleres.

Presentación do protocolo 'Allariz Pobo Seguro'. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
Presentación do protocolo 'Allariz Pobo Seguro'. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

O protocolo pretende achegar de forma áxil e sinxela os pasos a seguir ante posibles casos de agresión sexual, violencia de xénero ou submisión química  á cidadanía. O mesmo xorde na área de Igualdade e Benestar Social do Concello de Allariz en coordinación cos corpos e forzas de seguridade do municipio, Subdelegación do Goberno, EMUME, a Área de Turismo do Concello de Allariz e a Asociación Cultural Xan de Arzúa.

OBXECTIVOS E DESENVOLVEMENTO DO PROTOCOLO

Os seus obxectivos principais son conseguir un espazo libre de sexismos e calquera tipo de violencia. A Festa do Boi 2023 será a primeira festa na que se implantará este protocolo.

Os primeiros axentes sociais que colaborarán serán os locais de hostalería de Allariz, nos que a cidadanía atopará indicacións concretas de como proceder antes as diferentes situacións de violencia sexista. Así mesmo o concello instalará unha lona informativa no Campo da Barreira con toda a información para que a veciñanza e as persoas que se acheguen a Allariz teña a disposición toda a información.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta