Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2023 | Actualizada ás 18:22
A Policía Nacional investiga unha pelexa na noite do sábado no centro histórico de Ourense. Segundo trasladou o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, "parece que foi unha pelexa máis entre xente mesmo coñecida de fin de semana, por cuestións de lecer". "Non hai ningunha banda nin nada de tipo nazi que podamos constatar neste momento", dixo en referencia a información en xurdidas en medios locais que apuntaban a que o motivo da malleira foi ideolóxico.
"Simplemente foi unha pelexa con lesionados leves e non máis que iso, un altercado entre mozos", sostivo González insistindo en que a investigación está aberta polo que as causas da agresión "están a investigarse", sen entrar en máis detalles do sucedido, aínda que engadindo que "houbo un intercambio de golpes entre tres persoas".
Así, dixo que a policía investiga o nivel de gravidade de "os posibles feitos delituosos", pero manifestou que "non ten maior transcendencia", porque "foi un altercado entre mozos que xurdiu nun determinado momento". Deste xeito insistiu en que "todas as cuestións de bandas nazis son cuestións que neste momento non están constatadas, nin cren que existan".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.