Galicia inspeccionará preto de 40 instalacións radioactivas en 2023

Tamén se inspeccionarán 22 máquinas de raios X de radiodiagnóstico médico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2023 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O Consello de Seguridade Nuclear (CSN) mantivo un encontro este martes coa Xunta para analizar o plan de traballo de inspeccións para este ano, que incluirá 37 de instalacións radioactivas e 22 máquinas de raios X de radiodiagnóstico médico.

Nun comunicado, o Consello de Seguridade Nuclear destacou "o bo traballo de inspección e control que a comunidade autónoma mantivo o pasado ano sobre as instalacións radioactivas de segunda e terceira categoría, así como no relativo a transportes de material radioactivo que tiveron lugar no seu territorio".

Durante a reunión, os representantes de ambas as entidades repasaron as 49 inspeccións acometidas ás diferentes instalacións radioactivas en 2022, así como as 20 a raios X de radiodiagnóstico médico. De tal forma, o CSN considera que a planificación de actividades para 2023 proposta pola Xunta axústase aos criterios propostos polo regulador.

Outra das funcións que o organismo ten delegada no Executivo galego desde 1990 é a do control dos transportes de material radioactivo que teñan lugar na comunidade. A este respecto, o CSN destaca o adecuado cumprimento dos obxectivos acordados o pasado ano, aínda que, lembrou que non se inspeccionou, sen aviso previo ao titular, un transporte de radiofármacos ou fontes de aplicación. En canto ao programa previsto para 2023, o organismo sinala que a proposta cumpre co estipulado.

Elemento químico Radon. Gas incoloro, inodoro e radioactivo, naturalmente presente na maior parte de Galicia
Elemento químico Radon. Gas incoloro, inodoro e radioactivo, naturalmente presente na maior parte de Galicia | Fonte: istock

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta