Rueda garda silencio sobre a posible entrada de Luis López na Deputación de Pontevedra

A diferenza doutras opcións como a viguesa Marta Fernández-Tapias, conta co apoio inicial de alcaldes de peso na provincia.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 06/06/2023 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, segue sen dar por pechado quen será aspirante a presidir a Deputación de Pontevedra, tras lograr a formación arrebatarlle o bastón de mando provincial ao PSOE na última cita coas urnas. "Até despois do 17 de xuño non toca falar das deputacións", remarcou este martes.

Así o trasladou, en declaracións aos medios, durante unha visita á planta de Profand, en Vilagarcía de Arousa, e na mesma xornada na que Luís López entrou con forza nas 'quinielas', xa que, a diferenza doutras opcións como a viguesa Marta Fernández-Tapias, conta co apoio inicial de alcaldes de peso na provincia.

Distintas fontes do ámbito local consultadas por Europa Press apuntan que 'Lugués' --como é coñecido no seu círculo de confianza-- suporía unha "vía de consenso" e así llo transmitiron nos seus contactos co líder autonómico do partido.

O talante de López e evitar bicefalias no ámbito provincial --tomou as rendas das mans de Alfonso Rueda do partido en Pontevedra cando este deu o salto ao ámbito autonómico-- serían dous factores a favor, pero os rexedores tamén inciden en que se evidenciaría un recoñecemento aos resultados xerais na provincia o 28 de maio.

En cambio, optar por Fernández-Tapias, tratando de converter "unha ferramenta clave" para os municipios nunha "plataforma para promover" á viguesa na cidade olívica, podería carrexar máis desgustos a nivel interno a Rueda.

Dentro do partido, hai quen apunta a que as listas das eleccións xerais abren un novo escenario e poderíalla situar no Congreso, aínda que outras fontes do PP de Vigo consultadas por Europa Press sinalan que este paso non tería sentido nin beneficiaría o seu labor de oposición na principal cidade de Galicia. Outras voces inciden en que podería ocupar a vicepresidencia da institución provincial.

E O GRUPO DO PP EN RODEIRO?

En todo caso, a pesar de ser da súa máxima confianza, López non parecía ser a primeira opción de Rueda para presidir a institución provincial, tendo en conta que nas listas de Rodeiro, localidade da que foi alcalde antes de ocupar a Delegación da Xunta en Pontevedra, pechou a candidatura como último suplente.

Para que el puidese facerse cunha acta de edil, que lle permitiría entrar na Deputación, terían que renunciar en fervenza todos os candidatos que lle anteceden e o grupo municipal popular --onde os populares pedieron a maioría absoluta o 28 de maio-- quedaría nunha situación de debilidade ante calquera outra dimisión.

RUEDA: "SAIRÁN MOITOS NOMES"

A preguntas dos medios, Rueda asegurou que o seu partido ten "moi claros os prazos" e que, ata despois do 17 día de xuño, día no que se constitúen as corporacións municipais, "non toca falar da Deputación".

"No que nós agora mesmo estamos ocupados é na conformación dos gobernos locais", dixo o dirixente popular, quen insistiu en que o importante non é quen presida a institución provincial, senón "o que vai facer a Deputación durante os próximos catro anos", de forma que sexa útil para os concellos.

É por iso que o presidente dos populares asegurou que a partir do 17 de xuño non só vaise a decidir quen vai presidir a Deputación senón que se tamén se decidirá a formación dos distintos equipos de traballo en cada área.

Rueda recoñeceu que é consciente de que ata esa data "haberá moitas especulacións e sairán moitos nomes" á palestra. "Iso quere dicir que o PP ten moita canteira e moita xente válida para moitos postos", concluíu.

Alfonso Rueda, Luís López e Paula Prado na xunta directiva provincial do PP de Pontevedra. PP DE PONTEVEDRA
Alfonso Rueda, Luís López e Paula Prado na xunta directiva provincial do PP de Pontevedra. PP DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta