Recunca Estrela Vermelha

O equipo compostelán, invicto a falla de dúas xornadas, gaña a Liga Galega de fútbol gaélico por segundo ano consecutivo. Irmandinhas da Estrada, campioas en categoría feminina.

Por gcdeportes | Compostela | 19/03/2015 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

Doce partidos, doce vitorias. A falla de dúas xornadas, o Estrela Vermella proclamouse de novo vencedor da segunda edición da Liga Galega de fútbol gaélico. Foi a pasada fin de semana, tras vencer 20-13 a Fillos de Breogán, segundo na táboa, no campo da Canhoteira en Cacheiras.

O Estrela Vermelha, celebrando o título de Liga.
O Estrela Vermelha, celebrando o título de Liga. | Fonte: @Estrelafg

Van dúas edicións da Liga Galega, e as dúas foron gañadas con autoridade polo Estrela Vermelha compostelán, que tamén sumou a primeira e única Copa galega, celebrada na Estrada, vencendo na final aos anfitrións, os Irmandinhos. O Estrela Vermelha celebrará este o seu segundo título esta fin de semana en Compostela. Será o sábado na Casa do Patín ás 23.00 horas, coincidindo coa festa do 18º aniversario da entidade.

A Liga 2014-2015 contou con oito equipos, pero a organización, Asociación Galega de Fútbol Gaélico, traballa xa na vindeira edición, que podería contar con ata doce equipos e dous grupos. O rival a bater será, unha vez máis, o Estrela Vermelha.

Pola súa banda, ao igual que o Estrela Vermelha, as Irmandinhas da Estrada repetiron título en categoría feminina. Suman todos os seus partidos por vitorias, e gañaron a segunda edición da Liga Galega feminina. Agora loitarán pola segunda Copa consecutiva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Pepexan

Deporte importante este, calquer equipo de 2ªou 3ª autonómica ten mais fichas que toda a liga de este sucedáneo. Os equipos membros natos da asamblea xeral da FGF superan as 400 fichas cada ún. Non hai mais nada que decir

3 eueu

Avante meus, e muitos parabéns.

2 eueu

Avante meus, e muitos parabéns.

1 Ameneiro

Eis um exemplo de informaçom desportiva nom sexista. 157 palavras versus 39. Noraboa

1 Eusi

coa liga mista isto non pasaria ;)