Só un cuarto das empresas galegas teñen un plan de igualdade a pesar de estaren obrigadas a ter esta ferramenta

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, explicou que moitas empresas negocian desde hai anos a posta en marcha dos seus plans de igualdade en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2023 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, informou de que só 357 empresas galegas das 1.447 de máis de 50 empregados obrigadas a ter un plan de igualdade contan con esta ferramenta na actualidade.

Na Comisión de Industria, a deputada Carmela González Igrexas (BNG) citou numerosas grandes empresas galegas que seguen sen plan de igualdade, a pesar de que é obrigatorio desde 2022. Por iso, insta a que se sancionen a estas compañías, pois "hai que tirarlle das orellas e dicirlles que ten que ser xa". De feito, reproba que "nin sequera a Xunta ten un plan de igualdade" ao estar "paralizado" tras anos de negociación.

Respecto diso, Elena Mancha explicou que moitas empresas negocian desde hai anos a posta en marcha dos seus plans de igualdade en Galicia, á vez que ao redor dun 10% está en revisión e "sairán en breve".

Apunta que moitas compañías se atopan un "problema moi grave" que o "lexislador non tivo en conta": "Non hai sindicatos nin persoas suficientes para poder negociar tanto plan de golpe". Asegura que en moitos casos "non atopan sindicatos que senten a negociar" estes plans, co consecuente atraso.

Nesta liña, a responsable de Relacións Laborais indica que "todas ou case todas" grandes empresas contan con negociacións abertas, aínda que recoñece que "pode haber algunha por aí que ten que ser denunciada" ao non contar nin con mesa de negociación.

Tamén chama a atención achega e a ausencia de protocolos de acoso nas empresas, neste caso "obrigatorio para todos", para o que a Xunta traballa en diferentes guías que tamén se adapten ás novidades da lei do 'si é si' ou a lei trans.

Así, Mancha informou de que Inspección de Traballo realizou 185 actuacións en 2022, das cales 11 terminaron con expediente sancionador e 56 con requirimento. Mentres, no que vai de 2023 van 45 actuacións, unha acta de sanción e 17 requirimentos.

Elena Mancha
Elena Mancha | Fonte: Xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta