Ollo! As multas no extranxeiro chegan e mesmo con recargo

A Comisión Europea lanza unha nova app para coñecer as normas de seguridade vial e evitar multas en cidades de Europa.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/06/2023 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Son moitos os que pensan que cometer infraccións no extranxeiro non terá consecuencias na volta a casa pero esto non é así. Unha normativa impulsada pola Unión Europea facilita que todos os países desta podan intercambiarse datos para que, a través da matrícula, se poida interceptar ao infractor. Polo que a multa pode, e o máis seguro é que chegue, incluso con recargo.

Sancións en Ames por non levar a máscara
Sancións en Ames por non levar a máscara | Fonte: CONCELLO DE AMES

Dentro das infraccións máis repetidas son as de exceso de velocidade, saltarse semáforos ou sinais, ir por carriles onde non se pode circular ou unha das máis perigosas, non utilizar o cinto de seguridade. Segundo o director xeral de EasyPark España, Jaime Requeijo, a maioría destas sancións veñen " do descoñecemento das normas de circulación de cada país", explica, "polo que o uso de aplicacións de cobertura internacional axudarían a evitalas". 

Por iso, a Comisión Europea lanza unha nova app gratuíta chamada EasyPark onde poder ver as normas de circulación de cada país así como a opción de xestionar o estacionamento en máis de 2.200 cidades europeas con posibilidade de elexir o idioma que se queira para unha maior facilidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta