Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2023 | Actualizada ás 17:22
O director xeral de Cultura, Anxo M.Lorenzo; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; o presidente da asociación Culturgal, Víctor López; e o director da feira, Camilo Franco, reuníronse este martes para abordar a celebración da 16ª edición deste evento cultural, que terá lugar en Pontevedra, no mes de novembro.
No encontro, confirmouse que Culturgal contará un ano máis co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, para manter unha feira das industrias culturais que sirva de referencia e encontro para o sector e tamén para o público.
Para iso, aplicarase o proxecto presentado por Camilo Franco e seleccionado pola directiva do colectivo que integra á Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Empresas Galegas Dedicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.