Dous coches calcinados e outros tres con danos nun incendio en Combarro

O vehículo onde se iniciou o lume ía circulando e ao aparcalo este extendeuse aos demais que había no lugar.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/06/2023 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Dous coches resultaron totalmente calcinados e outro tres acabaron con danos debido a un incendio nunha zona de aparcadoiro na parroquia de Combarro, no municipio de Poio, segundo informou o CIAE 112-Galicia.

Os feitos ocorreron na madrugada deste mércores, cando un particular contactou con Emerxencias para informar de que un coche estaba a arder pola parte do motor nunha zona de aparcadoiro. O vehículo circulaba pola estrada cando empezou a fumear, polo que o condutor apartouno da vía cara a unha zona onde había outros coches aparcados polo que as chamas estendéronse aos que había preto.

O 112 alertou a Bombeiros de Ribadumia, ao GES de Sanxenxo, a Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Poio. Os servizos de extinción lograron apagar as chamas e non se rexistraron feridos.

Un dos coches calcinados en Tui
Un dos coches calcinados en Tui | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta