Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/06/2023 | Actualizada ás 11:23
CIG-Ensino denuncia que até unha vintena de escolas unitarias están discriminadas ao carecer do profesorado especialista co que si conta o alumnado escolarizado en centros con máis unidades.
Do informe sindical despréndese que hai 13 unitarias da provincia de A Coruña e 3 da provincia de Lugo quen non teñen docentes especialistas de Educación Física nin Música. Son as unitarias de Rorís, Camelle, Tabeaio, Brens, Pazos, Bemantes, Olas, Visantoña, Pousada, Ombre, Seráns, Torres e Castromil, todas na provincia da Coruña así como as escolas Antía Cal Vázquez, As Nogais, e Eduardo Cela na provincia de Lugo. Existen tamén outros 4 centros da provincia de Lugo (Lousada, Ricardo Gasset, Uxío Novoneira e Samos) non contan con especialista de Música.
"Ao proceso de peche continuado durante a última década de escolas nas zonas rurais do país por parte do goberno do PP, únese un trato discriminatorio nestas unitarias, o que fai que se evidencie que as pretendidas políticas de defensa do rural por parte do goberno do partido popular na Xunta de Galiza son propaganda baleira de medidas efectivas",c ritica este sindicato nun comunciado.
PECHE AULAS FP
Tamén o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza – STEG – denuncia "o salvaxe recorte " que o goberno do Partido Popular está levando a cabo na Formación Profesional e que afecta tanto a calidade educativa como a estabilidade laboral de profesores e profesoras.
Así, critica o peche de 6 aulas no CIFP A Xunqueira e outras no IES de Chapela e o IES das Fontiñas. Son algúns dos centros afectados e que se verán afectados pola nova situación. STEG di que a reducción da oferta formativa presencial e a súa transformación en a distancia, resta calidade ao proceso educativo e deixa sen posibilidade de matrícula a lo menos 100 alumnos e alumnas. "Además, non podemos esquecer que o modelo de ensino a distancia sube as ratios de alumno por profesor, polo que as contratación de docentes descenderá", critica.
Pola súa banda, a CIG-Ensino chama a concentrarse este venres 16 nos centros afectados polos recortes na FP.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.