A Xunta anuncia a maior oferta de FP da historia tras as críticas polo peche de varias aulas

Anuncia a creación de “4.500 prazas” para cursar 182 titulacións diferentes de FP, mentres os sindicatos anuncian mobilizacións polo peche de aulas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/06/2023 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este xoves que Galicia vai contar o vindeiro

Aula de formación profesional
Aula de formación profesional | Fonte: DELEGACIÓN DO GOBERNO

curso 2023-2024 “coa oferta máis alta e numerosa de Formación Profesional” da súa

historia ao contar con 42.174 prazas de novo ingreso, un 12% máis respecto ao ano

académico que remata. “Créanse 4.500 novas prazas, o que supón que a oferta medra en

todas as áreas e todos os sectores”, indicou Rueda.

Rueda explicou que esta oferta foi deseñada a través do Plan Conecta FP Galicia que

busca coñecer as necesidades do tecido produtivo galego “e adaptar a oferta formativa

ás demandas actuais das empresas”. Neste sentido, lembrou que a Xunta leva anos “apostando por impulsar” estas ensinanzas que xa contan con máis de 60.000 matriculados -un 75% máis que no curso 2008-2009- e que teñen unha alta taxa de inserción laboral: do 85% no caso da FP ordinaria e do 100% na FP Dual.

Do total de 42.174 novas prazas para o vindeiro ano académico, 34.704 son presenciais e

outras 7.470 son a distancia. Haberá 1.482 grupos presenciais e só 151 a distancia. Para reforzar esta formación, o presidente salientou que Galicia contará con 182 titulacións de Formación Profesional no vindeiro curso.

Dentro deles, hai nove títulos que se implantan por primeira vez en Galicia. Ademais, outros tres adquiren unha nova dimensión ao enriquecerse o seu currículo con alta especialización, constituíndo tamén títulos renovados. A través da FP Dual implántanse estas tres ensinanzas que, partindo, dun ciclo formativo xa ofertado constitúense como novas posibilidades de estudos de FP  demandas polas empresas.

Entre as novas especializacións, dúas de formación para a mobiidade, electromedicina clínica, maquillaxe, escvacións e sondaxes, sinalizacións ferroviarias e postimpresión e acabamentos ademais de cociña agroecolóxica.

MÁSTERES

As ensinanzas máis especializadas da FP galega son os másteres, que se realizan ao

remate dos ciclos, especialmente en áreas punteiras como as redes 5G, os vehículos híbridos, a ciberseguridade ou a robótica. Para continuar impulsando esta vía, Rueda salientou que “aumentan un 55% as prazas de novo ingreso ata as 1.082”, que se impartirá en 52 grupos distintos por toda axeografía galega.

Serán en total 20 titulacións de especialista (acceso desde grao medio) e máster FP (acceso desde grao superior). Deles, tres serán novos, en concreto os másteres en Auditoría enerxética (no CIFP Valentín Paz Andrade, Vigo), en Robótica colaborativa (CIFP Ferrolterra, en Ferrol; CIFP Universidade Laboral, en Culleredo, CIFP Politécnico de Lugo e CIFP Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa) e en Sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviarias (IES Francisco Daviña Rey, Monforte de Lemos).

Flexibilidade: a FP a distancia.

CRÍTICAS

Este anuncio coincide coas críticas e anuncio de mobilizacións por parte de distintos sindicatos, entre eles, STEG, CIG ou CUT sobre o peche de 6 aulas no CIFP A Xunqueira e outras no IES de Chapela e o IES das Fontiñas. Sobre esta situación, Rueda limitouse a responder que a Xunta leva ano tras ano incrementando a oferta de FP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta