Goretti Sanmartín carga contra o PPdeG: "Non deron nin dúas horas de graza ao novo goberno"

Defende a súa proposta de dedicacións e cre que "algunha forza política" non asume "os resultados".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2023 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, considerou este mércores que "algunha forza política" local non asumiu " os resultados electorais" e lamentou que non se deu "nin dúas horas" ao seu goberno para cargar contra el. Así o expresou preguntada pola posibilidade dun acordo entre forzas opositoras para conformar un novo goberno local, unha cuestión que lanzou este martes o líder do PP local, Borja Verea.

As declaracións aos medios, Sanmartín referiuse a a distribución de dedicacións exclusivas do goberno, algo que tamén criticou Verea, considerando que se propuña unha "infrarrepresentación" do seu partido, aínda que sen entrar en cifras. "As rebaixas non están arriba da mesa. Só queremos que se cubran as necesidades de todos os grupos para facer o seu labor", dixo a rexedora.

"As eleccións xa pasaron e a poboación de Santiago de Compostela falou, hai que respectar a súa decisión. O conxunto da poboación elixiu o dialogo e o consenso. Parece que hai algunha forza política que non ten asumido os resultados electorais", manifestou Goretti Sanmartín.

As declaracións foron realizadas este mércores logo do acto de presentación da nova tempada da Real Filharmonía de Galicia, tras o que a alcaldesa advertiu ante os medios que "os resultado electorais mídense no conxunto, non só por quen incrementou votos".

Ademais, Sanmartín manifestou o seu malestar por que "non se respectaron os mínimos de 'graza' para a conexión co Goberno e tomar as primeiras medidas. Neste caso, non se respectaron nin dúas horas". "Despois do discurso de investidura estiveron a lanzarse duros cualificativos, cando aínda non tomara ningunha decisión", sinalou a alcaldesa.

A alcadesa de Santiago na presentación da tempada 2023/2024 da Real Filharmonía de Galicia / NICOLÁS GÓMEZ CARBALLO
A alcadesa de Santiago na presentación da tempada 2023/2024 da Real Filharmonía de Galicia / NICOLÁS GÓMEZ CARBALLO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta