Documento.- As cousas de Eganet

Non é a primeira vez que recibimos queixas sobre os supostos chanchullos de Eganet; sobre o "extraño" reparto que fan de premios e, resulta, que o deste ano ven dar a razón a estes críticos...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/05/2008 | Actualizada ás 23:19

Comparte esta noticia

EGANET

.Premio Comunicación Web Empresarial:

-Xornal Galinet S.A. (A Coruña)

Título da campaña: Xornal.com

-Visual Publinet (Vigo)

Título da campaña: Grupo Radio Vigo

-Interaccion CIM S.L. (Vigo)

Título da campaña: Redeseño http://www.pescanova.es

-María del Mar Abilleira Acuña (Vigo)

Título da campaña: A Nosa Terra Diario

A NOSA TERRA

Premio Comunicación Web Empresarial:

-Xornal Galinet S.A. (A Coruña)

Título da campaña: Xornal.com

-Visual Publinet (Vigo)

Título da campaña: Grupo Radio Vigo

-Interaccion CIM S.L. (Vigo)

Título da campaña: Redeseño www.pescanova.es

-Pedro Figueras Comunicación (Vigo)

Título da campaña: A Nosa Terra Diario

En negriña aparece o nome da empresa e o título da campaña. A nota de prensa remitida por Eganet é do 16 de maio e a publicada por A Nosa Terra é do mesmo día. Non sabemos quen dos dous ten razón; se é Pedro Figueras Comunicación o autor do proxecto ou María del Mar Abilleira Acuña.

Segundo erro. Este premio recae sobre unha páxina web que estivo prácticamente inaccesible durante meses para numerosos internautas, principalmente, para os que utilizan o Internet Explorer, que son case a metade dos internautas galegos. De feito, anosaterra.com, como Web empresarial tivo numerosos erros de programación e de accesibilidade ata o pasado mes de abril logo de comezar a súa nova andaina en decembro de 2007.

E finalmente, ante outros proxectos como o de xornal.com, Grupo Radio Vigo ou Pescanova saiu elexido este. Lóxico que haxa tanta suspicacia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Santi

Menuda panda estes. A ver se explican agora quen gañou ese premio, se o tal Pedro Figueras ou María del Mar Abilleira. Había que darlle un premio, pero por parvos.