Comesaña xustifica o peche do 12% das camas do Sergas no verán porque "a ocupación media" é do 74%

O Sergas pechará unhas 665 camas durante o período estival.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2023 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu este luns en que os hospitais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) manteñen aberto o 88 por cento das camas dispoñibles mentres, froito de "a experiencia dos últimos anos", a "ocupación media" é da contorna do 74 ou 75 por cento.

Así respondeu o conselleiro ao ser preguntado polos medios sobre os peches de camas previstos para o verán --polo menos, unhas 665, segundo datos recollidos por Europa Press-- durante unha visita co ministro de Sanidade, José Miñones, á Fundación Galega de Medicamento Xenómica, no Hospital Clínico de Santiago.

Comesaña reiterou que "as camas non faltan, nin se pechan", senón que o que fai o Sergas é "adaptar" os recursos á menor demanda asistencial que hai, unhas cifras que están "contrastadas" e que "nos últimos anos" sitúase en torno ao 74 e o 75 por cento; e tamén co "merecido descanso dos profesionais".

Por tanto, os hospitais manteñen abertas en torno ao 88 por cento das unidades, pero co "100 por cen dispoñibles" no caso de que haxa "calquera problema sanitario específico" que así o requira. "Por tanto, creo que temos que mandar esa mensaxe de tranquilidade: ningún galego vaise a quedar sen cama no verán, como nunca quedou en ningún hospital galego nestes últimos anos e este ano non vai ser a excepción", sentenciou o conselleiro.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en rolda de prensa / Europa Press / Europa Press
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en rolda de prensa / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta