CxG denuncia "a estafa que foi Ourense en Común"

Compromiso por Galicia chama "salvapatrias" aos membros da marea ourensá debido á enorme lea polos resultados das primarias abertas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 01/04/2015 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

A maruxía polas primarias da 'marea' ourensá aumenta dia a día. Compromiso por Galicia (CxG), acusado previamente por outros grupos da candidatura de carretaxe de votos, cualifica a Ourense en Común de "estafa". E faino en pasado, evidenciando a súa total ruptura co proxecto.

Pérez Bouza
Pérez Bouza

Nunha comparecencia pública esta mañá en Ourense, os galeguistas negaron primeiro que deran o seu apoio explícito a plataforma. Jonathan Domínguez, Coordinador comarcal de CxG en Ourense afirmou que “Compromiso por Galicia nunca manifestou o seu apoio formal e explícito a Ourense en Común, senón o que a asemblea da localidade decidiu no mes de febreiro, constatado en actas, foi non presentarse coa propia marca aos comicios do 24M”. Ademais, CxG insiste en que eles non petaron na porta da marea, senón que foron os activistas os que os animaron a universe a Ourense en Común. 

Sobre a polémica xornada de votación, Xosé Manuel Pérez Bouza, Coordinador territorial de CxG, fixo fincapé en que “durante a xornada electoral e durante o escrutinio, cando Miguel Doval ía por diante en votos, non se dixo que había sospeitas de carretaxe, nin tampouco se falou de plantillas nin de resultados ilexítimos, senón que foi unha vez coñecido o resultado cando se empezaron a verter acusacións falsas e desleais contra as persoas e contra as organizacións, o cal é unha tremenda falta de respeto”.

Xosé Mosquera, líder de CxG en Ourense, gañoulle as votacións no  proceso de primarias abertas no que o outro aspirante a cabeza cartel, Miguel Doval, por 435 votos fronte a 405 obtidos. A participación, aberta aos non empadronados na capital, foi enorme para este tipo de comicios, con máis de 1.500 sufraxios despositados en urnas.

 

O resultado tan axustado causou unha fractura case inmediato no proxecto coalición. Parte do equipo de Doval, un activista de 63 anos leva tres décadas participando activamente no movemento sociocultural e veciñal desta cidade e que non milita en ningún partido, non aceptou o reconto e acusou a CxG de ter “carretado” a xente de fóra da cidade para participar no proceso. Tras un periodo de negociacións, esta tese impúxose na Asemblea e o resultado foi invalidado, constatándose tamén a imposibilidae de organizar outras primarias con garantías debido a proximidade dos comicios.  

 

Onte a plataforma denunciou nun comunicado "posibles transgresións do Código Ético e dos principios e obxectivos de Ourense en Común" e anunciou un novo proceso de votación entre os asinantes do manifesto da plataforma. Os seus voceiros explicaron o novo procedemento e as razóns para o cambio nunha rolda de prensa que recolleron neste vídeo:

 

Outro dos partidos que apoiaba á 'marea', Podemos, anunciou ante isto que retiraba o seu apoio formal á plataforma, pois o partido morado puxo como condición innegociábel que o candidato saira dunhas primarias abertas. Podemos, iso si, e a diferencia de Compromiso, aínda ve a Ourense en Común como a única ferramenta única cara as eleccións municipais.

 

Compromiso volveu a negar hoxe as acusacións de carretaxe e insistiu na "honrradez" da súa militancia. O seu comunicado é demoledor cos seus ex-compañeiros na 'marea'. "Compromiso por Galicia é totalmente contraria á vella política e ás súas manifestacións pero tamén é contraria a aqueles movementos que surxen como "salvapatrias" e que realmente acaban practicando vellas formas, como é o caso de Ourense en Común, que estipulou unha regras de xogo e agora as discute porque non houbo un resultado acorde cos seus desexos", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

4 Pepin pin

O q dixen uns rapaciños con mais ambicion q cabeza, guiados polo exteniente e anova. Vaia combinacion!!!

3 inciso

Non era que o alcalde da Peroxa votara polo candidato ¿independente? de AGE? Quen carretexou a quen?

2 comediante

1 Xavier

Compromiso carretou a bruta, iso é unha evidenci, traendo vellos e alcaldes do PP a votar, ao fin ao cabo son de dereitas. Pero Miguel dovial fixo o mesmo e non gañou por iso se cabreu e anulou o proceso. E agora tocalle a Martiño Xosé que marcha fora e que se presenta a alcalde. Unha pena todo polas ambicioms dus poucos

1 Xanti

Os da Anova non carretaron non, vótalle unha ollada ao vídeo da asemblea. A metade da xente que andaba na asemblea era de fora de Ourense, aprobades un regulamente no que poda votar xente de fora de Ourense, invitados aos de CxG a entrar en OuC, pero que pasa, minusvalorades a súa implantación e resulta que ten bastante mais apoio do que parecía... Resultado, votar merd@ e anular todo. Viva a Hippie democracia na que nós temos uns principios, pero se perdemos temos outros... Manda carallo que trouppe.