A DGT prevé 14,25 millóns de desprazamentos polas estradas galegas na Operación Especial do Verán

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/06/2023 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé 95 millóns de desprazamentos de longo percorrido por estrada para este verán en España, un 1,75% máis que os movementos reais que se rexistraron o verán pasado e que, xa entón, superaron aos contabilizados no verán de 2019. Dos cales, 14,25 millóns serán por vías galegas e doutras zonas do noroeste peninsular, un 15% do total.

Por meses, espera 45,6 millóns de desprazamentos en xullo e 49,3 millóns en agosto. Por iso, como todos os anos, a institución preparou un dispositivo especial para velar pola seguridade dos usuarios que transiten pola rede viaria. Só este fin de semana, cando levará a cabo a primeira Operación saída do verán, espéranse 4,5 millóns de desprazamentos, dos cales 720.000 serán en estradas do noroeste peninsular.

A DGT prevé que a saída e o regreso das vacacións realizarase de maneira graduada e en períodos máis curtos "como vén sendo habitual nos últimos anos", o que fai que en numerosas ocasións coincidan cun fin de semana.

Imaxe de retencións de coches nas principais saídas de Madrid
Imaxe de retencións de coches nas principais saídas de Madrid | Fonte: DGT

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta